Pilotes Posada S.A. dende a súa fundación en 1968 ten desenvolvido a súa actividade no campo das cimentacións especiais. O seu alto grado de especialización e a súa continua posta ó día, permitiulle realizar máis de 5.000 obras de cimentacións especiais, distribuidas en todo o territorio nacional e no veciño Portugal, contando cos máis altos graos de aceptación interna dos nosos clientes e a máis alta clasificación da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Ministerio de Facenda para a execución de obras da súa especialidade (K 01-E, K 02-E, K 03-E)
Actualmente Pilotes Posada é unha empresa altamente especializada, capaz de responder ás máis altas esixencias de calidade e compromiso en prazos de execución en toda a gama de obras dispoñendo para iso dos medios máis avanzados.